
Maldito Murphy e Adrian Timms
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate é, desde 2005, unha sala imprescindible nas noites viguesas, situada na zona de Churruca. Entre a súa continua e actualizada programación musical, este próximo
Detalles do eventos
La Fábrica de Chocolate é, desde 2005, unha sala imprescindible nas noites viguesas, situada na zona de Churruca. Entre a súa continua e actualizada programación musical, este próximo 14 de maio, a sala conta coas apetecibles actuacións de Maldito Murphy e Adrian Timms, que, aseguramos, será o mellor plan que podes expor para unha noite de sábado.
MALDITO MURPHY
A banda nace no ano 2015, cando Juan Castro, alma mater de Maldito Murphy, comeza a presentar as súas cancións por algunhas salas de Vigo, a súa cidade natal.
Actualmente a banda está formada por Juan Castro, voz e guitarra, Sebas Yepes, baixo, Aarón Starsailor, batería e Román Tabarés, guitarra.
Coa gravación do seu primeiro single “No éramos dioses”, a banda, cuxa música lembra ao pop rock oitenteiro con pinceladas de country e folk, comeza unha andaina en 2017 que lle levou a publicar xa tres espectaculares traballos: “No éramos tan ciegos”, “No éramos tan ciegos 2.0” e “Horizontes”, este último publicado en 2021.
ADRIAN TIMMS
Adrian Timms é un artista independente nacido en Inglaterra. A súa paixón pola música vén desde pequeno, e a música británica dos 90 é das súas maiores influencias.
Tras estrear en 2010 unha canle de Youtube buscando o seu propio estilo, en 2016 trasládase a Vigo, onde finaliza os seus estudos e lánzase de cheo á música.
Esta decisión lévalle a reunir 10 dos seus temas que publica no seu álbum “Part Won”, no que fala sobre os sentimentos de crecemento e superación, ademais de reflectir todas as súas experiencias e o esforzo de formarse como músico, cun estilo entre Indie-Pop e Folk.
Máis
Hora
14 maio, 2022 21:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
- Mes actual