Máis Alto que o Ceo: Celso Fernández Sanmartín
Detalles do eventos
Avanza xullo e tamén o festival da poesía e a oralidade Máis Alto que o Ceo. O venres 19 de xullo o protagonista será Celso Fernández Sanmartín, poeta
Detalles do eventos
Avanza xullo e tamén o festival da poesía e a oralidade Máis Alto que o Ceo. O venres 19 de xullo o protagonista será Celso Fernández Sanmartín, poeta da xeración dos 90 dotado cunha voz poética única e moi persoal. A cita será ás 20:00 horas e, sempre que o tempo o permita, celebrarase no exterior (Praza do Abanico). Entrada de balde.
Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969), licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é un poeta e contacontos galego. Como contaconcontos, Celso caracterízase polo seu labor como recolledor e reinventor de historias e contos. O seu repertorio está composto por historias e memorias ligadas á tradición oral galega, que presenta nos seus espectáculos coma un verdadeiro tesouro, cheos de coidado, sentido e paixón pola oralidade, a comunicación e a lingua.
Celso é unha voz referencial á hora de estudar a poesía dos anos noventa e posteriores en Galicia. En palabras de Helena González (profesora da Universidade Central de Barcelona), Celso Fernández Sanmartín ofrécenos “unha poesía que se ve, se cheira, se toca e ten sabor, porque o mundo sensorial convértese nun revelador máxico do oculto, ata o punto de que non escapan os seus versos á dimensión memorística que subxace tamén na literatura popular, pero tampouco á tenrura que permite ao autor volver os seus ollos ao que para os demais resúltanos invisible”.
Con Celso chegamos case ao remate do Festival que comezou a mediados de xuño co recital de Nuria Vil e Lúa Mosquetera. Posteriormente pasaron por Évame Oroza, Marina Oroza e Marc Egea, co espectáculo Resonancia; na terceira sesión contamos con María Lado e Ledicia Costas; e a continuación desfrutamos xunto a Estíbaliz Espinosa. Agora é a quenda de Celso e rematará o Festival o día 26 de xullo co concerto da banda Moloch, formada por Laura García (guitarra e voz), Violeta Mosquera (batería) e Andrés Martínez (teclados).
Máis
Hora
19 xullo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes