REVISTA ABRIL

Máis aló do lugar habitado + Natureza alterada

27xan(xan 27)09:0003mar(mar 3)14:00Máis aló do lugar habitado + Natureza alteradaARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 27) 09:00 - (marzo 3) 14:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Dúas novas exposicións volven encher de arte e cultura a sede da Deputación en Vigo neste arranque do 2023. Ata o vindeiro 3 de marzo Rosa García reflexiona na Sala Maruja Mallo sobre os lugares habitados, mentres que na Sala Rosalía de Castro Alberto Pena o fai sobre a “Natureza alterada”.

“Máis aló do lugar habitado” é o título da mostra da viguesa Rosa García, na Sala Maruja Mallo, na que condensa varios dos temas recorrentes da súa traxectoria, como os espazos habitados, a Domus e a memoria, baixo a forma de gravados, fotografía e escultura. A creadora aborda as maneiras de habitar e cohabitar os lugares en relación coa sociedade, subliñando que o que transforma o espazo en lugar é a nosa relación con el. “Reflexiono sobre como vivimos, habitamos e co-habitamos os espazos desde distintos puntos de vista; o fogar, a comunidade… O construído que transforma o espazo en lugar, en memoria, ás veces forte e outras vulnerable, desde a relación co xénero, a sociedade e a memoria”.

Pola súa banda, con “Natureza alterada”, Alberto Pena (afincado en Cangas) amosa na Sala Rosalía a súa liña de traballo máis recente nunha mostra “que supón un proxecto completamente novo e feito ex profeso para este espazo, e onde o gravado vólvese pintura”. “Constrúo paisaxes –lembrou o artista- reciclando elementos naturais, dándolle presión ás formas e as cores”. Neste senso, a comisaria da exposición, Elena Bangueses, explicou que o creador mestura pintura e estampación, facendo referencia ás artes gráficas, “das que toma prestadas as dimensións estandarizadas dos carteis, aínda que co soporte do liño”. Destacou a importancia do proceso creativo de Pena, “que nos seus paseos diarios recolle a materia prima, tanto orgánica como inorgánica, materiais que logo, entranen contacto directo coa superficie do liño empregando o tórculo e producindo unha enorme variedade de fermosas imaxes”.

Luns 9:00–14:00
Martes 9:00–14:00
Mércores 9:00–14:00
Xoves 9:00–14:00
Venres 9:00–14:00
Sábado Pechado
Domingo Pechado

Máis

Hora

Xaneiro 27 (Venres) 09:00 - Marzo 3 (Venres) 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events