
Detalles do eventos
LUZ NA ESCURIDADE. Fotografias dende o cárcerePor primeira vez, persoas internas no Centro Penitenciario A Lama mostra a súa vida cotiá a través das súas propias fotografías.
Detalles do eventos
LUZ NA ESCURIDADE. Fotografias dende o cárcere
Por primeira vez, persoas internas no Centro Penitenciario A Lama mostra a súa vida cotiá a través das súas propias fotografías. Resultado do proxecto “Fotografía en curso, no contexto do Plan Proxecta (Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades, AGADIC, CGAI)
Lugar: MARCO, Galería B3, 1° andar
Do 11 ao 18 de maio de 2023
Para público en xeral
O proxecto LUZ NA ESCURIDADE nace froito do traballo do alumnado da EPAPU Nelson Mandela ao longo do curso 2021/22, no contexto do programa Fotografía en curso (Plan Proxecta). A través de diferentes propostas tematicas (espazos baleiros, dende a xanela, retratos, diarios de luz) toron elaborando un proxecto fotográfico formado por 35 composicións, entendidas como un todo, cun total de 102 imaxes selecionadas entre máis de 900. O proxecto complétase coa iniciativa BIBLIOTECAS HUMANAS: historias de vida e primeira persoa, que se desenvolve na mesma sala o 11 e o 18 de maio, coincidindo co Dia Internacional dos Museos.
BIBLIOTECAS HUMANAS. Historias de vida en primeira persoa
Cinco persoas do alumnado da EPAPU Nelson Mandela, internas no Centro Penitenciario da Lama, e do CIS Centro de Inserción Social de Vigo, comparten con nós unha parte das súas historias vitais, dende perspectivas distintas á norma. Da soidade da cela, onde flúen os recordos, á posibilidade de establecer unha conversa coas persoas participantes, coas imaxes do proxecto “Luz na escuridade” como pano de fondo.
Máis
Hora
11 maio, 2023 - 18 maio, 2023 (Todo o día)(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual