GFFF
GFFF

Luz Casal en Castrelos

02ago22:00Luz Casal en CastrelosCONCERTOS | 10,00 € 22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

A artista de Boimorto Luz Casal actuará o venres 2 de agosto no parque de Castrelos dentro da programación municipal de Vigo en Festas. A cantante coruñesa estará presentando ‘Las ventanas de mi alma’, o seu decimosexto disco publicado no 2023 é o primero con cancións inéditas en cinco anos. A propia Luz di que este e o seu disco máis persoal e reflexivo. Durante o concerto tamén repasará algúns dos temas máis destacados da súa carreira.

O de Luz Casal é o sétimo concerto confirmado para este verán na finca da maquesa. Abel Caballero anunciou hai unhas semanas que en total poderemos gozar de catorce recitais e catro espectáculos infantís entre xullo e agosto no parque de Castrelos.

Entradas á venda o xoves 18 de xullo

A venda para o quinto dos concertos do Vigo en Festas 2024 terá lugar o vindeiro xoves 18 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online a través de www.vigoenfestas.cliqueo.es.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista galego o prezo será de 10€.

Consulta a programación completa a Castrelos nesta ligazón.

13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
27 xullo – Coral Casablanca – 44.165 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 € CANCELADO
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €

Máis

Hora

2 agosto, 2024 22:00(GMT+02:00)