Lugarmina
Detalles do eventos
A través da instalación de obras feitas en papel, a artista quere representar un lugar magnifíco, unha illa, situada nalgures entre o mar e o
Detalles do eventos
A través da instalación de obras feitas en papel, a artista quere representar un lugar magnifíco, unha illa, situada nalgures entre o mar e o río, entre o vento e a néboa, entre as marxes e os picos.
Lugarmina é un lugar que aínda cheira a sal. É un lugar de fácil acceso mais percorrido por camiños incertos, circulares, separados por fitas coloridas. As referencias non sinalan mapas. As ribeiros foxen para as montañas e as lúas desvanécense no aire. Este lugar é compartid por múltiples seres que apenas se distinguen pola expresión das cellas e por un pequeno segredo que esconden no corpo. Neste lugar, mesmo nós nos transformamos en plantacións de cores azuis e verdes.
Lugarmina é ese lugar de papel, fráxil e suave, que sabe cousas que descoñecemos.
A artista, Ana María Pintora, reside actualmente en Vila Nova de Cerveira, mais naceu en Lisboa no ano 1959. Estudou filosofía na universidade de O Porto, e dende o 1976, colabora en actividade ligadas ao espectáculo: animación culturais, performances e teatro de marionetas. Fundou a “Associação Cultural da Granja” e participou activamente na “Cooperativa Nascente-Espinho”. En 1982 inicia a súa actividade como docente de Filosofia, ao tempo que desenvolve a súa carreira artística en diversos dominios das Artes Visuais, promovendo oficinas de arte e workshops con vista á revalorización da arte e da filosofia como modelos de crítica e reflexión social. Participa en exposicións individuais e colectivas tanto en Portugal como no estranxeiro e pasa a estar representada en numerosas coleccións particulares e institucións públicas. Nos últimos anos o seu traballo foi presentado en Xapón, Polonia, Turquia, Brasil, en Goa e no pasado ano 2023 está representada na “Arte Macau” a través do convite da “Fundação Bienal de Cerveira”.
Dentro da súa traxectoria internacional, Ana María suma agora ao seu haber o Espazo Rodante. A exposición “Lugarmina”, estará dispoñible neste local do Centro Comercial A Laxe, durante todo o mes de outubro, dende o xoves, 10 a partir das 19:00h, momento no que a propia artista estará presente para explicar as súas motivacións, as técnicas empregadas e tódolos detalles sobre o seu proceso creativo. Poderedes atopar as súas creacións en horario de luns a venres, entre as 10:00 e as 14:00 e as 16:00 e 19:00 horas.
Máis
Hora
10 outubro, 2024 10:00 - 10 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
A Casa Rodante
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra