novembro, 2021

07nov12:30LOS VIAJES DE BOWAPEQUERRECHOS | 5,00€12:30 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Bowa, nómade orfa de raíces e soños, un día atopou unha botella na beira do mar. No seu interior hai unha mensaxe e algo a impulsa á procura do seu destinatario. O camiño é tan rico que se converte case nunha obsesión.
Horas de agarda e quilómetros de procura para facer chegar ao seu destino centos de mensaxes que navegaron encerrados no cristal brillante dalgunha botella.
Unha mensaxe levouna xusto a ese lugar, no que agarda atoparse con alguén que lanzou unha mensaxe ao mar agardando que chegase de volta. Esta persoa non aparecerá, pero algo especial ten ese lugar, algo familiar, algo tan estraño para ela como a calor dun fogar.
E lerá unha nova mensaxe. Esta escrita polo mar, ese vello sabio, testemuña das súas fazañas e consciente das súas ausencias. É o mar que guiou os seus pasos ata alí, é nese lugar onde as ás de Bowa atoparán terra para ancorar as súas raíces.
Este espectáculo transita por distintos estados emocionais da personaxe, que se apoian nunha linguaxe circense multidisciplinar: efectos de maxia, que xorden dunha forma accidental, reforzando a peculiaridade dese espazo. Desenvolvemento dunha investigación sobre as botellas: manipulación, equilibrios e desmitificación do obxecto, facéndoo personaxe, escenografía, ou mero elemento de apoio. Acrobacia aérea, de carga técnica, pero desenvolvido de xeito orgánico e coherente e, por suposto, humor e poesía como elementos transversais.

LA GATA JAPONESA

Idade: +6 anos

Dirección – Lucas Escobedo

Autoría – Elena Vives

Reparto – Elena Vives

As entradas soltas poderán adquirirse anticipadamente sen gastos de xestión
• A través da páxina web de Giglon
• Na Librería Librouro
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio

Domingo 7 ás 12:30 e ás 18:00

Máis

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X