Los Deltonos e Bo Derek's traen á Sala Rouge unha noite de puro rock
Detalles do eventos
Dúas das bandas de rock en castelán máis potentes do norte peninsular estarán o sábado 25 de novembro na Sala Rouge.
Detalles do eventos
Dúas das bandas de rock en castelán máis potentes do norte peninsular estarán o sábado 25 de novembro na Sala Rouge.
A lendaria banda cántabra Los Deltonos volven a Vigo varios anos despois para presentar o seu disco En el Fillmore, gravado en vivo en Alacante a mediados deste ano. Ademais farán un repaso pola súa extensa discografía. Nos seus comezos consideróuselles acertadamente un grupo de Rhythm and blues pero foron cambiando e evolucionando con cada novo traballo, incorporando todos os diferentes sons e sonoridades de raíces americanas evolucionando cara a un rock que podería encadrarse a intres no xénero coñecido como Americana, pero mantendo sempre un son propio e característico marcado polo estilo persoal e virtuoso á guitarra de Hendrik e as letras sempre en castelán das súas composicións.
Preme aquí para ler a entrevista que lle fixemos ao seu líder, Hendrik Röver, en 2020
Pola súa banda, o trío de rock and roll á vella usanza encabezado por Óscar Avendaño (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma, Siniestro Total…) presenta o seu novo disco, Porca miseria. Os irmáns Lorre completar un power trio
ENTRADAS
Anticipadas 20 Euros / Na porta 25 Euros (con consumición)
Podes mercalas premendo aquí ou de xeito físico en Discos Elepé
Máis
Hora
25 novembro, 2023 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Rouge
Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes