REVISTA OUTUBRO

Lerele

03xuñ21:00LereleESPECTÁCULOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Lerele é a historia dunha nena cuxa vida se transforma cando ve a Lola Flores nun programa de televisión durante a Fin de Ano de 1982. Os seus desexos e anhelos envoltos pola maxia e poderío de “la faraona” deciden o seu futuro como artista. Despois, as casualidades e a familia farán que os camiños de ambas se crucen e confundan, para chegar a atoparse neste espectáculo. Quen somos en realidade? Lerele é ese intre no que a vida se decide definitivamente, é o momento no que a identidade se impón e díctanos o que somos e o que queremos. Lerele é ese duende, que ou se ten o non se ten, é ese non-sei-qué, o ser ou no ser, o sexto sentido… a coctelera axitada onde dúas mulleres mestúranse e fúndense nun mismo ser. Lerele é teatro musical, cabaret, autoficción pero, sobre todo, unha homenaxe a Lola Flores, unha das máis grandes artistas de todos os tempos, sin dúbida a máis libre.

Dous pases:
Sábado 3 ás 21:00
Domingo 4 ás 20:00

Dirección e Dramaturxia: Ana Contreras
Espazo Sonoro: Pablo Novoa
Escenografía e Iluminación:Jm Faro (Coti)
Coreografías: Cecilia Vázquez, Mariola Puga e Paola Torregrosa
Vestiario: Cecilia Vázquez, Eva Bayrak
Bata de Cola: Reino Danza
Videos: Álvaro Martínez
Deseño Gráfico: Roberto Argüelles

Entradas

Máis

Hora

3 xuño, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events