'La colección' inaugura a tempada de teatro no García Barbón
Detalles do eventos
O Teatro Afundación inaugurará mañá xoves 23 de xaneiro, ás 20.30 h, a súa Tempada de Abonos dedicada ás artes escénicas con ‘La colección’, proposta
Detalles do eventos
O Teatro Afundación inaugurará mañá xoves 23 de xaneiro, ás 20.30 h, a súa Tempada de Abonos dedicada ás artes escénicas con ‘La colección’, proposta teatral na que participan algúns dos grandes nomes do teatro español das últimas décadas: o texto e a dirección son de Juan Mayorga, e o elenco lidérano os intérpretes José Sacristán e Ana Marzoa. Será o primeiro dos 7 espectáculos programados na Tempada de Abonos do Teatro Afundación antes do verán. As últimas localidades dispoñibles poden ser adquiridas en Ataquilla.com.
En ‘La colección’, Juan Mayorga (Madrid, 1965) convida o público a reflexionar sobre asuntos como o matrimonio ou o paso do tempo, e sobre a misteriosa relación entre as persoas e os obxectos. Os protagonistas da obra son Héctor e Berna, un matrimonio sen fillos que ao longo da súa vida reuniron unha colección pola que sacrificaron todo o demais. Xa anciáns, queren asegurarse de que a colección os sobreviva, para o que buscan unha persoa que a herde. E convocan outra coleccionista, Susana, para que lles axude. Acompáñaos tamén Carlos. A obra é a segunda das producións do madrileño Teatro de la Abadía desde que Juan Mayorga asumiu a súa dirección artística en 2022. O actor José Sacristán interpreta a
Héctor. A protagonista feminina, no papel de Berna, é Ana Marzoa. A actriz, que atesoura distincións como o Premio Nacional de Teatro ou o Premio María Guerrero, tamén é coñecida polas súas aparicións en cinema e en televisión. Nun dos últimos traballos que realizou para a pequena pantalla, foi unha das protagonistas da serie Vis a vis. Completan o elenco Ignacio Jiménez e Zaira Montes.
Sete obras compoñen a programaación
A Tempada de Abonos de teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo continuará unha semana despois con ‘La gramática’, con texto e dirección de Ernesto Caballero e con María Adánez e José Troncoso como protagonistas. O 20 de febreiro, as actrices María Galiana e Lucía Quintana presentaranse ante o público vigués á fronte do elenco da obra ‘A raíña da beleza de Leenane‘, dirixida por Juan Echanove. O 9 de marzo, a actriz Toni Acosta subirá ao escenario do Teatro Afundación para
presentar ‘Una madre de película’, unha reflexión en clave de comedia sobre o fenómeno denominado niño baleiro. E o 10 de abril será a quenda da adaptación ao teatro da novela clásica ‘La regenta’ que propoñen Eduardo Galán ―asina o texto―, e a directora portuguesa Helena Pimenta. A comedia ‘Malditos tacones’, con texto de Ignacio Amestoy, no mes de maio, e máis a obra ‘El rey que fue’, de Els Joglars, xa en xuño, completan o programa da Tempada de Abonos do Teatro Afundación no primeiro semestre do ano.
Máis
Hora
23 xaneiro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes