Detalles do eventos
A EMAO está a homenaxear, cunha exposición por curso, aquelas iniciativas creativas, artísticas e artesás xurdidas, dalgunha maneira, do seu seo; especialmente aquelas que destaquen nalgún dos eixos
Detalles do eventos
A EMAO está a homenaxear, cunha exposición por curso, aquelas iniciativas creativas, artísticas e artesás xurdidas, dalgunha maneira, do seu seo; especialmente aquelas que destaquen nalgún dos eixos sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. Neste curso amosarán a obra dunha das máis salientables e exitosas realidades artísticas e empresariais que tiveron a súa orixe nas ensinazas e obradoiros da escola: a recoñecida marca Joyas de la raspa.
“En 1986, á beira do mar, comeza esta fermosa viaxe que ten moito que ver coa vida, co amor, co mar e coa ourivaría. Virginia R. Lorenzo e Miguel Sánchez-Cantón matriculáronse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (daquela baixo o nome de Universidade Popular) en 1987 e 1988 respectivamente, para formarse na especialidade de Ourivaría. Atoparon aquí un modo de expresión, unha linguaxe tanxible por medio do metal para dar forma a súa creatividade. En 1989 naceu a colección Raspa, emblema da marca ata hoxe, núcleo e fío condutor da súa xoiaría. Neste tempo, do seu taller naceron máis de duascentas coleccións, a maioría delas xoias de prata, pero tamén pezas de cerámica, coiro, madeira, etc. Todas as súas creacións, as colaboracións con outros artistas, as múltiples exposicións e os dous Premios Nacionais de Deseño recibidos entre outros, brindan a este oficio unha inmensa creatividade, un magnifico deseño e o gusto polo bo facer.
Con esta exposición celébrase que Virginia e Miguel comezaron a súa andaina na EMAO, pero tamén o seu magnífico traballo que observamos a través das xoias de Joyas de la raspa dende os seus comezos ata os nosos días, exaltando aquelas obras que foron de gran importancia neste o seu camiño de vida, arte e oficio”.
Máis
Hora
4 abril, 2025 19:00 - 23 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual