'Indicios' de BOSCO CARIDE
Detalles do eventos
21 marzo – 15 setembro 2024 Bosco Caride (Vigo, 1963) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. A exposición Indicios, producida polo MARCO,
Detalles do eventos
21 marzo – 15 setembro 2024
Bosco Caride (Vigo, 1963) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. A exposición Indicios, producida polo MARCO, reúne unha selección do seu traballo máis recente; pinturas ao óleo sobre distintos soportes, realizadas entre 2022 e a actualidade. O título elixido é revelador das intencións do artista: obras que nos falan do que non representan, ao xeito dun artista-cronista que selecciona fragmentos da realidade, proxectados a través da pintura, que acaban conformando unha perspectiva do tempo que vivimos.
As Nubes invaden toda a superficie pictórica, e a elección dese encadre –en ausencia dun horizonte e de calquera outra localización ou referencia espacial– elimina toda posibilidade de identificación ou procedencia (¿explosión, contaminación, incendio…?) facendo patente esa dualidade entre a beleza plástica e unha presenza desacougante. Bosco Caride traballa dende a incerteza, a través dun proceso no que a propia pintura se vai revelando paso a paso; un diálogo entre abstracción e figuración, no que a forma resultante vai xurdindo a partir do propio proceso pictórico.
luns | Pechado |
martes | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
mércores | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
xoves | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
venres | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
sábado | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
domingo | 11:00–14:30 |
Máis
Hora
21 marzo, 2024 11:00 - 15 setembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes