Inauguración 'Viajeros' de La Barbuda
Detalles do eventos
Este xoves 8 de febreiro inaugúrase “Viajeros”, unha exposición de cadros de La Barbuda. Coñecerás á Barbuda polos seus deseños en parches, pines, totes e
Detalles do eventos
Este xoves 8 de febreiro inaugúrase “Viajeros”, unha exposición de cadros de La Barbuda. Coñecerás á Barbuda polos seus deseños en parches, pines, totes e mesmo camisetas, que están pensados para amantes da cultura pop e oitenteira: tatuados con mascota, retro gamers, amantes do cinema e frikazas como nós e seguramente como ti!
Pero ademais desta parte máis “comercial”, La Barbuda leva desde 2016 transformando cadros dos anos 20 e 50 en ítems dela cultura pop. Nacendo así esta colección de obras vintage intervidas.
Tokio, Nova York, Xerusalén, Europa… Ao longo dos últimos 8 anos, estes cadros, agora modificados, foron enviados a todas as partes do mundo e agora veñen a Maraca.
Debido á natureza desta colección, cada obra é única e irrepetible:o marco e as súas imperfeccións, o lenzo envellecido co tempo… Así como a propia escena da pintura e a intervención da barbuda: debuxada directamente sobre o lenzo sen esbozo previo. Algúns dos cadros teñen case 100 anos de antigüidade. Foron creado por 2 artistas: o pintor orixinal e La Barbuda. Dous estilos diferentes, dúas épocas diferentes e quen sabe cantos donos previos… cada peza é imposible de repetir e vén cargada dese espírito pop da Barbuda que dá unha segunda vida todos eses personaxes que nos acompañaron na nosa vida desde fai tanto.
Máis
Hora
8 febreiro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes