REVISTA ABRIL

Inauguración 'NAMIB' de Correa Corredoira

16feb20:00Inauguración 'NAMIB' de Correa CorredoiraARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+01:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

Correa Corredoira (A Coruña, 1952) foi unha das voces máis singulares do movemento Atlántica que renovou a plástica galega nos anos 80, participando en todas as súas exposicións. Desde entón o seu traballo non fixo máis que crecer e gañar visibilidade, nunha contorna non sempre favorable para as prácticas pictóricas. A súa obra xa forma parte das coleccións públicas e privadas máis importante do país, desde o CGAC ao MNCARS Museo Reina Sofía.

En 2019 foi convidado polas autoridades de Namibia a realizar nas súas costas unha rosa dos ventos, irmá do monumental mosaico, que creara en 1994, situada ao pé da Torre de Hércules na Coruña. A experiencia dese traballo e posteriores visitas ao país africano supoñerán un punto de inflexión, tanto ao nivel máis persoal como ao das súas formulacións artísticas.

NAMIB, as obras que agora presentan en SVT Espazo de Arte, na súa gran maioría inéditas, pertencen á serie de traballos elaborados a partir desa experiencia africana que transformou profundamente as perspectivas vitais do artista: “África entra, cunha música, que é pura cor, para quedar. Foi experiencia tatuada nos adentros: transformóume”.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events