
Detalles do eventos
Correa Corredoira (A Coruña, 1952) foi unha das voces máis singulares do movemento Atlántica que renovou a plástica galega nos anos 80, participando en todas as súas exposicións.
Detalles do eventos
Correa Corredoira (A Coruña, 1952) foi unha das voces máis singulares do movemento Atlántica que renovou a plástica galega nos anos 80, participando en todas as súas exposicións. Desde entón o seu traballo non fixo máis que crecer e gañar visibilidade, nunha contorna non sempre favorable para as prácticas pictóricas. A súa obra xa forma parte das coleccións públicas e privadas máis importante do país, desde o CGAC ao MNCARS Museo Reina Sofía.
En 2019 foi convidado polas autoridades de Namibia a realizar nas súas costas unha rosa dos ventos, irmá do monumental mosaico, que creara en 1994, situada ao pé da Torre de Hércules na Coruña. A experiencia dese traballo e posteriores visitas ao país africano supoñerán un punto de inflexión, tanto ao nivel máis persoal como ao das súas formulacións artísticas.
NAMIB, as obras que agora presentan en SVT Espazo de Arte, na súa gran maioría inéditas, pertencen á serie de traballos elaborados a partir desa experiencia africana que transformou profundamente as perspectivas vitais do artista: “África entra, cunha música, que é pura cor, para quedar. Foi experiencia tatuada nos adentros: transformóume”.
Máis
Hora
16 febreiro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra