Inauguración “MALAS ARTES PARA GENTE MALA”
Detalles do eventos
Billy King leva vinculado ao mundo da música, especialmente á escena rock e punk, desde hai máis de 35 anos. Case catro décadas nas que fixo practicamente de
Detalles do eventos
Billy King leva vinculado ao mundo da música, especialmente á escena rock e punk, desde hai máis de 35 anos. Case catro décadas nas que fixo practicamente de todo no relacionado con este mundo: desde crear bandas como The Killer Barbies, Los Cafres ou Los Pontiaks ata fundar unha das salas de concertos máis emblemáticas do país como La Iguana Club, pasando por editar discos a bandas que lle gustaban desde a súa discográfica Toxic records.
Iconoclasta, artista e músico, Billy aproveitou todos estes anos para crear un universo propio moi persoal que empapa probablemente moitos aspectos da súa vida e influído por un dos mantras mais representativos do Punk: o “Do it Yourself”. Isto levouno a atopar no mundo da arte, especialmente nos sprays e a colaxe, un modo de expresión que pretende darche un “alto” e facerche pensar ou polo menos exporche certas cousas. Todo iso desde unha visión moi vándala e cun toque de humor e de Pop que fai a súa obra moi directa e impactante.
Agora, en Maraca preparan esta exposición “Malas Artes para Gente Mala” na que reunen as súas dúas liñas de traballo. Por unha banda a colaxe que realiza intervindo pezas vintage e por outra un traballo máis subversivo realizado con stencils. Un traballo en ambos os campos influenciado por artistas pop como Andy Warhol, cun peso gráfico importante pero cargado cun potente contido e crítica ao mundo no que vivimos.
“Malas artes para Gente Mala” será a exposición máis completa do autor ata a data, onde se exhibirán pezas inéditas e algunha instalación.
Máis
Hora
22 xuño, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes