Inauguración Exposición "Proxectos 2024"
29nov19:00Inauguración Exposición "Proxectos 2024"ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) EMAO
Detalles do eventos
terá lugar o vindeiro venres, día 29 de novembro, ás 19,00h, no Espazo EMAO “Proxectos 2024”, representa unha mostra da culminación do
Detalles do eventos
terá lugar o vindeiro venres, día 29 de novembro, ás 19,00h, no Espazo EMAO
“Proxectos 2024”, representa unha mostra da culminación do proceso formativo do alumnado de distintas especialidades da EMAO, que exhibirá o seu resultado entre os días 29 de novembro de 2024 e 21 de febreiro de 2025 na sala de exposicións da escola, o “Espazo EMAO”.
En canto á orixe dos proxectos, no Plan de Estudos da EMAO, aprobado polo Concello de Vigo no ano 2015, implantouse o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a da especialidade. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que se presenta agora recolle o produto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2023-24; en concreto, das especialidades de Pintura, Talla e escultura en madeira, Debuxo artístico, Serigrafía artística, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en coiro, Moda e confección, Ourivaría, CAIM Zanfona e CAIM Gaita. Nesta edición confírmase a tendencia á alza na cantidade e calidade dos proxectos realizados.
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixos principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2024 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2023-24]
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 29 de novembro de 2024 ao 21 de febreiro de 2025
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas
Máis
Hora
29 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes