REVISTA ABRIL

'A gran estafa' 

01mar11:3010abr(abr 10)20:30'A gran estafa' ARTE E MUSEOS | De balde(marzo 1) 11:30 - (abril 10) 20:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Unha exposición colectiva das autoras que participan no Estafador, a única revista semanal dixital de humor gráfico en España. Unha mostra onde falaremos das estafas da vida desde diferentes perspectivas, sempre con agarimo e humor!
E para completar isto, propuxemos ao seu fundador Javirroyo e a dous das autoras galegas que participan na publicación preparar tres expos individuais, así que atentas porque vai molar moito!

“Heads” de Javirroyo
Heads é unha colección de cabezas de cerámica que falan do que está a pasar no seu interior.
Unha colección que fala de sentimentos e emocións, desas conversacións internas que tes contigo mesmo e da nosa relación cos demais.
Javirroyo é un artista e ilustrador que ten varios libros publicados sobre creatividade e feminismo: “Life is Sho”, “Homo Machus”, “Laborachismo” e”Dibujo, luego pienso”. En 2020 foi Premio Gráffica e en 2021 lanzou o seu propio colección de NFT, “Talking Heads”, que conecta a arte e o social.Tamén é embaixador de España de Positively Men da UNESCO.

“Sorrí, que estás máis guapa” de Laura Tova
Laura Tova é unha contadora de historias e a súa ferramenta favorita é a ilustración, a través dela e cun estraño equilibrio entre o doce e o salvaxe, converte o cotián nun soño. Desde 2014 podémola atopar envolvida en numerosos proxectos como álbum ilustrado, ilustración publicitaria ou impartindo talleres.
Nesta exposición inédita poderemos ver unha serie de ilustracións onde nos falarán de invalidación emocional cun toque irónico e poético.

“O Hurror” de Sandra Lodi
Sandra Lodi é unha ilustradora e artista lucense afincada en Santiago de Compostela. É creadora do termino “hurror” (humor e horror) que describe á perfección a atmosfera inquietante das súas ilustracións, un cóctel acedo e doce que non deixa indiferente a ninguén. Nesta exposición poderemos ver (e comprar) algúns dos orixinais asinados e copias das publicacións que fixo para O Estafador, a revista satírica Mongolia e diversos xornais e revistas de tirada nacional.
Benvidas a este paseo por fermentos de talento, costumismo moderno, dose de realidade e humor, sempre humor, para combatela.

De martes a sábado: 11:30–14:00, 17:00–20:30

Máis

Hora

Marzo 1 (Venres) 11:30 - Abril 10 (Mércores) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events