Inauguración “BEIRAMAR”, de INÉS RIR
Detalles do eventos
A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este xoves-06 DE XUÑO de 2024– unha EXPOSICIÓN da artesá INÉS RIR. Dentro do marco da programación
Detalles do eventos
A marca de artesanía de Galicia “A Casa Rodante”, inaugura este xoves-06 DE XUÑO de 2024– unha EXPOSICIÓN da artesá INÉS RIR. Dentro do marco da programación mensual que a marca de APAMP ofrece no seu Espazo Rodante: o local nº 7 da planta baixa do Centro Comercial A Laxe, en Vigo.
A exposición ten por título “BEIRAMAR”, xa que é unha das principais rúas do Vigo obreiro e dado que é aquela que comunica coa autovía que une a cidade olívica con Ourense; a terra que viu nacer á artista Inés Rir. Nela poderemos apreciar unha mostra das pezas textiles, que foron confeccionadas a propósito para esta exposición: obras únicas cuxo obxectivo e captar a esencia da cidade de Vigo. Unha esencia que se deixa entrever na selección das cores e na representación do mundo mariño. Deste xeito, a artista consegue crear unha simbiose perfecta cos produtos da marca “A Casa Rodante”.
Inés Rodríguez, de Inés Rir&Co (Allariz, Ourense) é artesá do téxtil. Nos seus produtos atopamos unha aposta indiscutible pola Artesanía Contemporánea, que une tradición e novos deseños. Ademáis de conservar os oficios tradicionais, esta artesá destaca pola súa capacidade de innovació; tanto que un dos seus deseños de tecido con fibra óptica, se atopa recoñecido pola OEPM (Oficina Española de Patentes e Marcas) e está rexistrado na Materioteca de Galicia. Unha persoa curiosa e creativa que compaxina a súa labor como produtora cun gran traballo de divulgación, ademáis de atoparse sempre en continua formación. Esta artista -de recoñecido talento- ten recibido numerosos galardóns, entre os que se pode destacar o premio Nacional De Artesanía de Galicia da pasada edición 2023 -na categoría de produto- pola súa manta de bebé “D-Leite” (elaborada con fibra de proteína láctea).
O seu gusto por realizar colaboracións con outros artistas lévaa agora ao Espazo Rodante, lugar onde estará dispoñible a súa exposición “Beiramar”. Dende o xoves, 06 de xuño a partir das 19:00h –momento no que terá lugar a inauguración- e durante todo o mes de xuño, poderedes atopar as súas creacións en horario de luns a venres, entre as 10:00 e as 14:00 e as 16:00 e 19:00 horas.
Para obter máis información poden enviar un correo electrónico a hola@acasarodante.gal ou visitar o noso local en horario comercial.
Máis
Hora
6 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)
Localización
A Casa Rodante
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualoutubro
Séguenos nas redes