Este é un evento repetitivo5 marzo, 2023 12:30
Entreviños
04mar12:30EntreviñosGASTRO | Desde 22,00€12:30(GMT+01:00) MUTA
Detalles do eventos
O local MUTA acolle a terceira edición de Entreviños. O evento nace coa idea de contribuír a poñer en valor o viño galego, as súas características e singularidades,
Detalles do eventos
O local MUTA acolle a terceira edición de Entreviños. O evento nace coa idea de contribuír a poñer en valor o viño galego, as súas características e singularidades, así como ás pequenas adegas que producen dunha forma sostible e respectuosa, e que comercializan o seu viño buscando a relación persoal e directa co establecemento especializado. Tamén se trata de tomar conciencia da importancia que ten vender e consumir os nosos viños para a economía do sector primario e para asentar o territorio nas zonas rurais.
A propia feira será o domingo. O sábado faranse actividades arredor do viño galego e das adegas que participen: charlas, catas e outros formatos para axudar a convocar a profesionais do sector vitivinícola e o público en xeral durante toda a fin de semana.
PROGRAMACIÓN
Sábado 4
12:30 – 14:00 h Cata comentada con Luís L. Paadín.
19:00 – 20:30 h Cata e presentación do libro “A nación dos mil viños”. A cargo dos seus autores Martiño Santos e Xosé Gontá, que son os responsábeis da tenda de @videvide_espazoenocultural e que tamén nos van guiar nunha cata por varios viños de entreviños 2023.
21:00 h Presentación desta nova edición con música a cargo do productor @yungdenzo_.
Domingo 5
11:00 – 14:30 || 17:00 – 20:30 Feira Entreviños.
Entrada individual eventbrite: 20 € + gastos xestión (22,41 €)
Entrada individual en porta: 25 €
Entrada 2 días: 35 € + gastos xestión (39,04 €)
Entrada 2 días en porta: 42 €
Máis
Hora
4 marzo, 2023 12:30(GMT+01:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra