REVISTA ABRIL

II Troco solidario de Entreculturas

12decTodo o díaII Troco solidario de EntreculturasFESTIVAIS E FEIRAS(Todo o día)(GMT+01:00) Colegio Apóstolo Santiago

Detalles do eventos

Entreculturas Vigo ofrece alternativas á espiral consumista de cada Nadal e, de paso, busca sensibilizar sobre a cuestión ambiental a través da reutilización, a reciclaxe, o ecoloxismo e a economía circular. Por ese motivo, do 12 ao 17 de decembro ofrece un espazo para o intercambio de bens (roupa e/o calquera tipo de obxectos) no Centro Gárate, nas instalacións do colexio Apóstolo Santiago de Vigo (c/Sanjurjo Badía 79).
Poderanse realizar as entregas de obxectos desde o luns 12 e ata o sábado 17 de decembro no Centro Gárate, de 17:00 a 20:00 h.
A xornada do sábado 17 de decembro dedicarase, en horario de tarde (17:00 a 19:00 h) á realización de actividades infantís vinculadas coa reciclaxe. Tamén se organizará, para adultos, un taller sobre cociña de aproveitamento e unha mesa redonda onde organizacións como Fiar, Cáritas e Oxfam Intermón falarán sobre banca ética, economía circular e comercio xusto.
Unha iniciativa na que pretendemos ofrecer unha visión ampla do coidado da Casa Común, da causa da xustiza ambiental e onde buscamos crear un ciclo infinito de vida para aquilo que xa non usamos.
Este curso 22-23 sensibilizaremos sobre o proxecto que Entreculturas Vigo financiará en Nador, Marrocos, para apoiar o traballo con persoas migrantes nesa fronteira Sur de Europa..

Máis

Hora

decembro 12 (Luns) - 17 (Sábado)(GMT+01:00)

Localización

Colegio Apóstolo Santiago

Rúa de Sanjurjo Badía, 79, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events