
Este é un evento repetitivo26 abril, 2025 20:00
27abr20:00'IF IT WERE A MOVIE'ESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle
Detalles do eventos
O Teatro Ensalle acolle If it were a movie de Macarena Recuerda. If it were a movie é unha peza de danza que explora as posibilidades do espazo,
Detalles do eventos
O Teatro Ensalle acolle If it were a movie de Macarena Recuerda. If it were a movie é unha peza de danza que explora as posibilidades do espazo, o son e a narración no cinema para pensar a escena teatral. Unha peza de danza, do mesmo xeito que unha película, pódese definir como imaxe, son e movemento. Pero a escena, a danza ou o teatro nunca será memoria. Este proxecto escénico que investiga unha nova linguaxe usando elementos craves do cinema é unha carta de amor ó xénero documental pero tamén á fraxilidade do corpo en escena. No proceso de intento de crear unha película a artista sofre de perda de memoria. Unha metáfora que ilustra a capacidade de esquecemento ante o efémero do teatro. Cunha estructura de guion cinematográfico, a peza paséase por diferentes estilos de cinema documental ó que preferimos chamar cinema do real e non por capricho. Un discurso sobre a dificultade da creación dunha obra imposible pero que tamén abre fisuras para asomarse ó interior da artista e ver nela a súa falta de memoria autobiográfica, a súa dificultade para imaxinar un futuro e o seu medo ó esquecemento. Esta peza mantense viva a través da intriga como elemento narrativo. A información fragmentada vai deixando entrever pezas dun quebra cabezas que o espectador ten que ir completando.
Máis
Hora
27 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)