Este é un evento repetitivo29 xullo, 2023 10:00
Iacobus Maris Experience
Detalles do eventos
O Roteiro Iacobus Maris conmemora a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (antiga provincia do imperio romano situada en Palestina) ata Santiago de
Detalles do eventos
O Roteiro Iacobus Maris conmemora a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa (antiga provincia do imperio romano situada en Palestina) ata Santiago de Compostela, atravesando o Mare Nostrum de Oriente a Poñente e seguindo rumbo norte ata Galicia. Actualmente é a peregrinación marítima Xacobea máis longa da historia.
Tras a gran acollida o ano pasado da peregrinación marítima Xacobea máis longa, a Fundación Traslatio, co patrocinio da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia e a colaboración do Porto de Vigo, organiza este ano o festival Iacobus Maris Experience que, do 28 ao 30 de xullo, acollerá numerosas actividades e talleres, acompañados por un espazo gastronómico de cociña do mar e música en directo para toda a familia.
O planning do festival é o seguinte:
– Visitas ao “Nautilus”: de 10 a 13h. e de 16 a 20h.
– Visitas ao “Hidria Segundo”: de 10 a 13h. e de 16 a 20h.
– Talleres de nós mariñeiros no “Hidria Segundo”: venres e sábado ás 17h.
– Talleres de pesca artesanal no “Hidria Segundo”: sábado e domingo ás 11h.
– Saídas no “Atyla”: os días 28 e 29 de 17 a 20h. e o 30 de 11 a 14h.
– Visitas ao “Atyla”: os días 28 e 29 de 11 a 13h. (Pode variarse en función das saídas)
– Taller de reciclaxe con Ecoembes: o día 28 de 15 a 17h.
Sons do porto
De igual forma, o festiva acollerá un ciclo de concertos con actuacións dalgunhas das bandas referencia da Comunidade. Neste contexto, “Sons do Porto” pretende que o xardín do Cable Inglés, situado en pleno Peirao de Transatlánticos, sexa un enclave único coa Ría de Vigo como fondo.
Venres 28 de xullo 20.45h. BLACK STEREO 22:30h. Sesión Dj SAMU PEXE |
Sábado 29 de xullo 20:45h. 21 GRAMOS (Cover Band 90´s) 22:30h. Sesión Dj GROOVE AMIGOS |
Máis
Hora
28 xullo, 2023 10:00 - 23:00(GMT+01:00)
Localización
Peirao de transatlánticos
Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes