REVISTA ABRIL

Gran Vía Music Days: Nerea Rodríguez

13nov19:30Gran Vía Music Days: Nerea RodríguezCONCERTOS | De balde19:30(GMT+01:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo organiza durante os meses de outubro e novembro un ciclo de espectáculos gratuítos na 2ª planta do centro. Serán concertos abertos ao público que dinamizarán a zona de restauración e ocio.

O sábado 13 de novembro ás 19:30h actuará Nerea Rodríguez.

Nerea Rodríguez é unha cantante española que saltou á fama grazas ao famoso programa Operación Triunfo 2017. Tamén estivo traballando como protagonista no musical de teatro da obra ‘La Llamada’ e participou nunha edición do programa de televisión ‘Tu cara me suena’. En canto á súa música, entre os seus éxitos máis coñecidos están os singles ‘Y ahora no’, ‘Tu segunda opción’ ou ‘Doble o nada’.

PROGRAMACIÓN

  • 29 de outubro: La Chata Soul
  • 13 de novembro: Nerea Rodríguez (Operación Triunfo)
  • 16 de novembro: TINTA

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events