
10feb22:00Gonzalo ArcaCONCERTOS | 8,00€22:00(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar
Detalles do eventos
Tras o seu paso por bandas como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca. O venres
Detalles do eventos
Tras o seu paso por bandas como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca.
O venres 10 de febreiro actuará ás 22:00 horas no Sinatra Coctel Bar.
Alone At The Crossroad é un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, con sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que en ocasións transmiten certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos atopados que flúen en perfecta harmonía a través dunha voz moi especial.
Producido por Iago Lorenzo en Vigo e masterizado por Denis Martin no seu estudo de Londres, Alone At The Crossroad é un disco elegante, maduro, directo e moi persoal que non che deixará indiferente.
Máis
Hora
10 febreiro, 2023 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sinatra Coctel Bar
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual