VIALIA
bannerPicnicSesions

Gonzalo Arca

10feb22:00Gonzalo ArcaCONCERTOS | 8,00€22:00(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

Detalles do eventos

Tras o seu paso por bandas como Vao Permanente, The Preachers e Sugar Mountain chega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca.

O venres 10 de febreiro actuará ás 22:00 horas no Sinatra Coctel Bar.

Alone At The Crossroad é un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, con sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que en ocasións transmiten certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos atopados que flúen en perfecta harmonía a través dunha voz moi especial.
Producido por Iago Lorenzo en Vigo e masterizado por Denis Martin no seu estudo de Londres, Alone At The Crossroad é un disco elegante, maduro, directo e moi persoal que non che deixará indiferente.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sinatra Coctel Bar

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events