REVISTA ABRIL

Galiza Moura, o musical

04xan19:00Galiza Moura, o musicalESPECTÁCULOS | 15,00€19:00(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Realidade e maxia reúnense nunha obra de teatro musical novedoso e totalmente único na sua clase, onde interpretación, danza, literatura e música conviven no mesmo espacio coas lendas mais extraordinarias da nosa  terra: Galiza. Nesta obra a realidade e a fantasía converxen en escena, dando vida a algunhas das fábulas e tradicións fantásticas máis arraigadas no imaxinario e na nosa cultura galega.

Unha muller na metade da noite busca no bosque a unha meiga para que lle faga un conxuro, co ánimo de anular a maldición na que caeu o seu futuro marido. Para facer o conxuro necesitará varios obxectos máxicos de diversos personaxes fantásticos.

Un teatro musical en gallego onde a interpretación levaranos da man por varios números escénicos, nos que célebres personaxes da nosa mitoloxía cobrarán vida na escena. Veremos a unha Xacia, un Nubeiro, a Dama de Castro ou unha Moura, entre outros. Danza e música daranse cita nesta obra teatral musical, repleta da nosa cultura fantástica galega, durante algo máis dunha hora. En total serán máis de dez temas musicais orixinais, tocados en directo, sendo tres deles cantados e todolos demais bailados e interpretados escenográficamente.
Escrito, Composto e Interpretado por Grandes Artistas Galegos, como eixo vertebrador do proxecto foi seleccionado un equipo con algúns dos mellores artistas escénicos galegos dos últimos anos. Todos eles son profesionais cunha longa traxectoria traballando nos escenario e desenvolvendo diferentes e novedosas propostas.

Mércores 4 ás 19:00 e ás 21:00

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events