“Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”
Detalles do eventos
A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades culturais que desenvolve no Concello de Vigo, abre a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de
Detalles do eventos
A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades culturais que desenvolve no Concello de Vigo, abre a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”. A mostra poderá visitarse do 4 ao 24 de novembro na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Vigo (Concepción Arenal 8, baixo) e está destinada a todos os públicos.
A EXPOSICIÓN
O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia. Na web da mostra poden consultarse os textos da exposición, ademais de en galego, en castelán e en inglés con posibilidade de escoitalos mediante lectura automatizada.
Máis
Hora
4 novembro, 2020 10:00 - 24 novembro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Edificio Administrativo da Xunta
Rúa Concepción Arenal 9, Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes