'Tan cerca tan lejos' de Gabriela Ladrero Martín
Detalles do eventos
Gabriela Ladrero Martin @art_sisal leva tempo reflexionando sobre a influencia da comunicación nas nosas vidas. O que nos separa e o que nos achega. Como inflúen
Detalles do eventos
Gabriela Ladrero Martin @art_sisal leva tempo reflexionando sobre a influencia da comunicación nas nosas vidas. O que nos separa e o que nos achega. Como inflúen as apertas, a empatía, o amor, o desamor, as xerarquías, a aporofobia, o edadismo, os prexuízos e estereotipos, a soedade, a hipocrisía, o ostracismo, os malos entendidos, os silencios…Poden marcar o noso camiño para sempre e sentir que o próximo afástase irremediablemente.
“Dende a dignificación do traballo feito coas mans, o meu camiño levoume a conectar coas fibras naturais e consideralas unha ferramenta moi útil para expresar as miñas inquedanzas”, explica Gabriela.
Gabriela Ladrero Martín adicouse durante moitos anos á ensinanza de técnicas téxtiles en centros culturais e impartiu cursos a profesores en movementos de renovación pedagóxica. Ademais, traballou coa experimentación en centros educativos co proxecto “O téxtil un medio de expresión”. Tamén participou en eventos de artesanía dignificando o traballo artesanal con materias primas sustentábeis, realizou exposicións de obras artísticas coas fibras naturais e creou dúas escolas de artesanía.
📆 Do 31 de outubro ao 29 de novembro
De luns a venres: 10:00–14:00, 16:00–21:00
Sábado: 12:00–14:00
Domingo pechado
Máis
Hora
31 outubro, 2024 10:00 - 29 novembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes