G-Night: Expo-feira científica e Obradoiros na rúa
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.
Expo-feira científica e Obradoiros na rúa
Exposición e feira científica ao aire libre con obradoiros para todas as idades.
- Argalladas manuais con sinais dixitais. (UVigo)
- O mundo invisible nunha pinga de auga (UVigo)
- A mosca da froita (UVigo)
- A visión infravermella (UVigo)
- Arcos da vella metálicos (UVigo)
- Os minerais, testemuñas da Historia (UVigo)
- Materiais intelixentes (UVigo)
- UVigo Motorsport (UVigo)
- UVigo SpaceLab (UVigo)
- European Corner
- Onde vives? En Terranova e chámome… (UVigo)
- Detectives do mar (IEO – CSIC)
- Un arco da vella baixo o mar (IEO – CSIC)
Acceso libre sen inscrición
*Cambio de dirección ao Tinglado do Porto de Vigo
Máis
Hora
24 setembro, 2021 18:00(GMT+01:00)
Localización
Tinglado del Puerto de Vigo
Estrada Porto, 1, 36202 Vigo, Pontevedra