setembro, 2021

24set17:30G-Night: Escape RoomACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:30 Museo Marco

Detalles do eventos

A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.

Escape Room

Es membro da Brigada Central de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional (B.C.I.T.). Pertences a un grupo de elite que deberá desentrañar a rede de enigmas que uns ciberdelincuentes deseñaron para perpetrar o roubo de información máis grande que se viu en España. Serás capaz de capturalos?

Divírtete e pon a proba as túas habilidades mentais no noso Escape Room de Ciberseguridad que organizamos no marco da G-Night, a actividade galega da Noite Europea das Persoas Investigadoras.

Cunha duración máxima de 40 minutos, deberás solucionar todas as probas propostas. Poderás facelo na orde que prefiras, pero deberás resolver todas as actividades para capturar aos ciberdelincuentes.

Reserva a túa praza aquí.

Máis

X