Ful Monti, entrevista con Eva Moreda
Detalles do eventos
Entrevista a Eva Moreda da man do escritor Xavier Queipo o xoves 24 de agosto en RíoLagares. Eva Moreda é narradora en lingua galega. As
Detalles do eventos
Entrevista a Eva Moreda da man do escritor Xavier Queipo o xoves 24 de agosto en RíoLagares.
Eva Moreda é narradora en lingua galega. As súas últimas obras publicadas son as novelas Para toda a vida (Aira Editorial, 2020) e Rapazas de Polar (Morgante, 2021), así como o ensaio lírico Ribeirana: O infinito no pé xunto a Serxio Cobos (Central Folque, 2022).
Tamén escribe crítica literaria para o portal dixital Biosbardia e a revista Tempos novos. Alén da súa dedicación á literatura, Eva Moreda é profesora de musicoloxía na Universidade de Glasgow e ten publicados tres monográficos e varios outros traballos centrados na historia política e cultural da música española no século XX.
Entrevista a propósito da súa obra e a súa vida como profesora/escritora residente en Glasgow. A entrevista é o que nos consideramos unha Full Monty, é dicir, unha entrevista en principio sen máis fronteiras que as que poña neste caso a entrevistada. Interesa, ademais, que o público poda entrar en contacto coa autora, o que raramente se dá, e menos aínda naqueles creadores que viven fóra do país. É unha oportunidade tamén para os medios de comunicación, que poden acceder a unha creadora que vive no exterior e que só de cando en vez pasa polo país.
Máis
Hora
24 agosto, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
RioLagares
67PC+2F Vigo
Séguenos nas redes