REVISTA MARZO

'Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego'

12mar19:00'Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Presentación do libro Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego.

Francisca Herrera y Garrido (A Coruña 1869–1950), a filla menor dunha familia da burguesía acomodada da Coruña, foi unha escritora romántica en galego e castelán. Lectora de Rosalía de Castro desde os doce anos, admirouna durante toda a vida. Os seus primeiros libros son de poesía e no ano 1920 publica a súa primeira novela en galego, Néveda, a primeira escrita por unha muller. O esforzo admirable de escribir en galego no primeiro terzo do século XX só se afronta cun fondo convencemento do que se fai.

O 4 de marzo de 1945 a Real Academia Galega comunicoulle oficialmente que fora designada membro numerario para ocupar a cadeira 037, que a convertería na primeir muller chamada a ingresar na devandita institución. Vicisitudes burocráticas propia daquela época impediron que lese o seu preceptivo discurso de ingreso antes da súa morte. No ano 1987, dedicóuselle a ela o Día das Letras Galegas.

Máis

Hora

12 marzo, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events