REVISTA ABRIL

FLUX: Isabella Lovestory + Kamixlo + Toccororo

27nov(nov 27)23:55FLUX: Isabella Lovestory + Kamixlo + ToccororoCONCERTOS | Desde 10,00€23:55(GMT+01:00) Mondo Club

Detalles do eventos

FLUX é un proxecto de renacemento constante onde o cambio sempre estará presente para abrir novos camiños e adaptarse aos novos tempos. Comisariado polos novísimos artistas vigueses Yugen Kala, presentarán unha serie de eventos ao redor de todas as artes de vangarda, coa música e o son como piar fundamental, e tendo como principal contedor a Mondo Club, aínda que abertos eventualmente a outros espazos e experiencias.

Para a data inaugural de FLUX, Yugen Kala convidaron a tres artistas moi novos que figuran entre os nomes máis excitantes do Reggaeton de vangarda e o Neo- Perreo.

Isabella Lovestory

A hondureña e residente en Nueva York Isabella Lovestory é a nova sensación Popstar latina. A súa personalidade e imaxe de superstar noventera levárona a enmarcarse na nova xeración de cantantes latinos que están a revolucionar o panorama do reggaeton clásico. Modelo, compositora e sensación en redes, Isabella Lovestory é a ponte entre a experimentación musical e o novo escenario de artistas que a xeración Z demanda.

Kamixlo

Kamixlo é un produtor chileno agora con base en Reino Unido. Nos últimos dous anos estivo exposto a distintas perdas que deixaron unha marca importante na súa vida, polo que o seu primeiro material de longa duración leva o adecuado nome de ‘Cicatriz’, editado no prestixioso selo de vangarda PAN, e no que a electrónica experimental e ruidista danse a man cos patróns rítmicos do reggaeton.

Toccororo

E como artista local, e a única en formato DJ despois dos dous directos, estará Toccororo, DJ e bailarina con sangue cubano e galego. É unha das caras máis frescas e mozas dunha nova xeración de artistas sen complexos. Traballa a medio camiño entre Vigo e Madrid ( Honey Club, Inferno…), e nas súas intensas sesións mestúranse estilos moi diferentes, desde o Dancehall aos Afro Beats, Dembow, Hip Hop ou R& B.

Entradas anticipadas dispoñibles en www.woutick.es ou na taquilla de Mondo Club o día do concerto.

Sábado 27 ás 23:55

Máis

Hora

27 (Sábado) 23:55(GMT+01:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events