
31xul20:30Festival TerraCeo: Triángulo de Amor BizarroFESTIVAIS E FEIRAS | 20,00€20:30 Mar de Vigo
Detalles do eventos
Triángulo de Amor Bizarro publicaron en 2020 o seu quinto disco, producido por Carlos Hernández. É un dos grupos da escena independente iberoamericana máis respectados e reivindicados da
Festival TerraCeo: Triángulo de Amor Bizarro
Triángulo de Amor Bizarro publicaron en 2020 o seu quinto disco, producido por Carlos Hernández. É un dos grupos da escena independente iberoamericana máis respectados e reivindicados da última década. Desde o primeiro momento non deixaron de crecer, e cada álbum supuxo un paso adiante nunha evolución imparable.
Este disco supón a consecución de todas as súas virtudes, e será sen dúbida o traballo polo que serán lembrados no futuro.
“Máis aló do alcance, do recoñecemento, do éxito ou do fracaso, de que sexa o mellor ou o peor dos nosos discos, das reproducións ou os likes, estas cancións reflicten o que somos, son o que somos, o que sentimos e o que nos importa, o que amamos e o que odiamos. Estas cancións son, máis que nunca, nós. Este disco representa a causa e o porqué da nosa dedicación a isto.” – Triángulo de Amor Bizarro
Máis

(Sábado) 20:30