REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: Paco Ibáñez

24xul20:30Festival TerraCeo: Paco IbáñezFESTIVAIS E FEIRAS | 30,00€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Estreouse o 24 de xaneiro de 2019 en París e a partir de aí seguiu a presentación en diversas cidades: Madrid, Barcelona, Toulouse, Cap d’ Agde, Valencia, Cartaxena, Xátiva, Fuenlabrada, Beira, Cádiz, Valmagne, Empuries, A Coruña, Carcassonne, Manresa, Sevilla, Pamplona, Bilbao… e continúa por diferentes cidades europeas e latinoamericanas.

Paco Ibáñez, convertido en lenda viva e punto de referencia para varias xeracións, ofrécenos no seu concerto, unha viaxe a través das cancións daquel momento histórico de 1969, enlazándoas coas súas novas composicións.

As súas cancións transpórtannos a un espazo de amor e liberdade, un espazo de resistencia ante a inxustiza, a violencia e o horror, un espazo que reivindica o humanismo fronte á barbarie do s. XXI.

A súa voz e as súas cancións acompañaron a unha xeración reivindicativa que as converteu en himnos que a través do tempo seguen soando cada vez que xorde un clamor pola liberdade.

Paco Ibáñez simboliza a miles e miles de vidas, as de todas as xeracións que loitaron e as que seguen loitando e que o deron todo, que todo o sacrificaron polas súas ideas , as súas cancións renden homenaxe ao seu paso pola historia. Á súa dignidade.

Paco Ibáñez segue sendo un faro para orientarse nestes tempos de ignominia a escala planetaria. É a razón e é a poesía nun tempo de tolemia e de esquecemento da beleza das palabras.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)