Festival TerraCeo: Jorge Drexler
Detalles do eventos
Jorge Drexler é un compositor e cantante uruguaio cunha longa traxectoria profesional vinculada á música e as artes. Durante a súa carreira gravou trece discos de estudo e
Detalles do eventos
Jorge Drexler é un compositor e cantante uruguaio cunha longa traxectoria profesional vinculada á música e as artes. Durante a súa carreira gravou trece discos de estudo e ofreceu concertos por todo o mundo. Neste tempo a súa obra foi galardoada cun premio Óscar (2005), cinco Latin Grammy’ s (2014, 2018), un Goya (2011) e unha Biznaga de Prata, entre outros recoñecementos.
Médico de formación, en 1995 decidiu deixar atrás a súa vida en Uruguai e viaxar a España para dedicarse plenamente á música e a composición.
“Salvavidas de hielo” (2017) foi o seu último traballo de estudo ata a data. Publicado en setembro de 2017, este disco está baseado na sonoridad da guitarra e foi gravado integramente con guitarras e voces, usando esta limitación como fonte de inspiración e creatividade.
En xaneiro de 2018, este disco foi nomeado a un Grammy Awards na categoría de Mellor Álbum Rock, Urbano ou Alternativo Latino e no outono de 2018 obtivo 5 nomeamentos aos Latin Grammy, alzándose finalmente con tres galardoes, nas categorías de Gravación do Ano, Mellor Canción e Mellor Álbum Cantautor.
A principios de 2019 Jorge Drexler presentou a súa última xira “ SILENTE”, na que repasa a súa discografía acompañado dunha posta en escena cargada de significado visual e sentimental. Un concerto unipersoal, no que presenta a guitarra e voz un espectáculo singular no que o son e o silencio, a luz e a escuridade, comparten protagonismo.
En setembro de 2020, a súa canción “Codo con codo”, creada e presentada de maneira singular coincidindo coa declaración de pandemia mundial, recibiu un nomeamento aos premios Latin Grammy 2020 na categoría de Canción do Ano.
Cun perfil difícil de definir, os seus textos, inspirados en diferentes áreas do coñecemento, son poliédricos e mergúllanse no mundo da poesía ou a ciencia por igual. Do que non cabe dúbida é do seu espírito incansable de procura e experimentación coa música. A súa paixón pola prosa e o verso, as décimas e a palabra; ademais da súa persoal destreza para expresar as emocións das persoas, que se suma á súa vontade férrea de tender pontes entre as diferentes culturas e buscar o nexo e a empatía entre todas as sociedades do mundo moderno.
Máis
Hora
11 agosto, 2021 20:30(GMT+01:00)
Séguenos nas redes