CAMELIAS

Festival TerraCeo: Carlos Sadness

08mai20:00Festival TerraCeo: Carlos SadnessFESTIVAIS E FEIRAS | 25,00€20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O barcelonés Carlos Sadness cruzou as fronteiras nacionais, rompendo récords de venda en Latinoamérica, onde as entradas voan en tan só uns minutos.

A poesía das letras das súas cancións que tan ben combina coa súa música labráronlle unha hoste de seguidores que elevan as súas cifras de reproducións en Spotify ata o infinito e máis aló, con case dous millóns de oíntes mensuais.

‘Tropical Jesus’ (SONY Music Spain) é o nome do seu novo álbum, publicado o pasado 19 de xuño. É o cuarto traballo de Sadness, o primeiro desde o éxito de ‘Diferentes tipos de luz’, de 2018 , que incluía hits da talla de ‘Te quiero un poco’ e ‘Amor Papaya’ e foi recoñecido cun Latin Grammy 2018 ao mellor deseño de empaquetado, que asina el mesmo.

‘Tropical Jesus’ inclúe temas como Ahorita, de inspiración cubana e Disco de Ouro en España, ‘Aloha’, de aire colombiano, que forma parte da prestixiosa banda sonora oficial do videoxogo FIFA 21 e converte a Sadness no único artista español en formar parte da música desta edición, ‘Todo estaba bien’, con Manuel Medrano e tamén Disco de Ouro en España, ou ‘Isla Morenita’, canción que é Disco de Platino en España. Claramente, a mirada latinoamericana de Carlos Sadness intensifícase.

Máis

Hora

8 maio, 2021 20:00(GMT+02:00)