
17mai19:0021:30Festival Teatro GorrillaESPECTÁCULOS | Caixa inversa19:00 - 21:30(GMT+02:00) Churruca
Detalles do eventos
O próximo sábado 17 de maio o Teatro Gorrilla volta ao barrio de Churruca para convertir os bares en salas de teatros, acollendo 3 propostas escénicas en 3
Detalles do eventos
O próximo sábado 17 de maio o Teatro Gorrilla volta ao barrio de Churruca para convertir os bares en salas de teatros, acollendo 3 propostas escénicas en 3 espazos diferentes polo día das letras galegas.
Comezarán ás 19:00h no Tinta Negra, continuarán ás 20.00h en A Casa de Arriba e ás 21.30h baixarán ao Arco da Vella.
A presentación das artistas non é a orde na que van actuar, xa que vos convidan a que vaiades a todo.
Contarán coa presenza de:
DANIEL LEZSO, que ven dende Santiago de Compostela para traer ao Gorrilla o seu espectáculo de danza: Meu Rei. Un corpo humano, unha ferramenta que rexistra na carne, na pel e na alma as súa experiencias vitais.
Meu Rei desdebuxa a concepción de xénero empregando o espazo como lenzo e a súa corporalidade como artefacto executor. Explora as distintas formas de expresión dende unha conciencia aberta a ocupar novos lugares; constrúe novas relacións coa súa anatomía, reconquistando os espazos colonizados pola visión do sistema cisheteropatriarcal. A peza nace na profundidade dun sentimento escuro coa necesidade de purgar a toxicidade acumulada nun corpo maltratado pola imaxe allea.
O movemento físico retrata unha distorsión do “ser home/muller” que dialoga coa contrariedade de “ser/existir” fóra da predisposición social. É unha metamorfose escura do ser e, ao mesmo tempo, encarna un prisma que salvagarda as emocións e a identidade alén do espectro de xénero.
NU.EVA x RAQUEL FERRADÁS, música e danza xogando á improvisación nesta sinerxia única e especial. Eva Comesaña aka Nu.Eva é bailarina e deejay e xunto á bailarina Raquel Ferradás crearán unha improvisación en torno á música que Eva irá compoñendo no momento e Raquel tomará como fio para danzar e xerar unha atmósfera única.
BOREADA TEATRO, compañía de teatro cómico e contemporáneo formada pola actriz Andrea Pico e a dramaturga Diana Longa, que nos presentan a súa peza A vaca mirando ao mar. Nesta ocasión as intérpretes serán Sandra Nufi e Andrea Pico, e na dirección e dramaturxia Diana Longa.
Máis
Hora
17 maio, 2025 19:00 - 21:30(GMT+02:00)
Localización
Churruca
Rúa Churruca, 10-20 36201 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual