Festival solidario Aluméame
Detalles do eventos
A novena edición de Aluméame, o festival solidario para a recollida de alimentos, celébrase este domingo, 28 de xaneiro, ás 17 horas na Sala Rebullón.
Detalles do eventos
A novena edición de Aluméame, o festival solidario para a recollida de alimentos, celébrase este domingo, 28 de xaneiro, ás 17 horas na Sala Rebullón. A Comunidade de Montes de Tameiga colabora un ano máis coa AC Tangaraño, organizadora do evento, en beneficio da asociación Mos Axuda Solidarios.
O público que acuda non só estará colaborando coa entidade e as familias do municipio de Mos que máis o necesitan, senón que tamén poderán gozar dun programa do máis interesante, con música, baile e maxia.
Pensado para todo tipo de públicos, a Sala Rebullón acollerá seis actuacións: a música tradicional da ETRAD Zanfona Ensemble, o ilusionismo do Mago Marco, a Banda Escola de Música de Chapela, as pandereteiras Cantaruxas, o grupo de baile Avelurio e a danza e a percusión da AC Tangaraño. Todas estas formacións cooperan de forma desinteresada con este proxecto solidario.
O prezo simbólico da entrada para asistir ao espectáculo é a entrega dun mínimo dun quilo de comida non perecedoira. Todos os alimentos que se recollan grazas a este evento serán xestionados pola entidade Mos Axuda Solidarios e repartidos entre familias do concello que o precisen.
Para dar as máximas facilidades a todas as persoas que queiran colaborar, a Comunidade de Montes de Tameiga habilitou o pasado 12 de xaneiro un espazo no seu centro social e cultural As Pedriñas para o acopio dos produtos. Desde entón, e ata este domingo 28, calquera persoa que queira colaborar con esta iniciativa solidaria pode depositar alí alimentos non perecedoiros, que serán entregados a Mos Axuda Solidarios.
Máis
Hora
28 xaneiro, 2024 17:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes