
Detalles do eventos
A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e
Festival Sinsal Outono: 'Do acústico ao HASGS'
A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que se desenvolven en espazos singulares do municipio de Vigo. Este retorno á experimentación e á vangarda de Sinsal Outono explicítanse tamén na escolla dos espazos de desenvolvemento do ciclo, xa que a actividade se concentrará en dous recintos vinculados á creación na cidade viguesa: o Museo de Arte Contemporáneo, (MARCO), que acollerá as sesións sonoras e visuais, e o Conservatorio Superior de Música, no que terán lugar os parladoiros.
Sinsal Outono inclúe tamén dúas conferencias arredor da dimensión electroacústica e multimedia na música de nova creación.
O martes 2 de novembro ás 16:00h, terá lugar a charla aberta ‘Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis’, co saxofonista Henrique Portovedo
Entrada de balde.
PROGRAMACIÓN
- Sábado 30: Conferencia ‘Perspectivas multimedia na música de nova creación’
- Domingo 31: Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti
- Luns 1: Henrique Portovedo e Dead Line
- Martes 2: Conferencia ‘Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis’
Máis

(Martes) 16:00
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra