PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Festival Pequeártiko: 'PUM PUM, QUEN HAI?'

24dec12:00Festival Pequeártiko: 'PUM PUM, QUEN HAI?'PEQUERRECHOS | Desde 9,00 €12:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Un ano máis, volve o Festival de teatro infantil PequeÁrtiko á sala Ártika para que os máis pequenos e pequenas da casa desfruten con teatro infantil, espectáculos, música e títeres. O festival celébrase do 23 ao 31 de decembro e nesta edición participan compañías galegas, nacionais e unha portuguesa.

Como novidade, este ano abrangue un taller de construción de marionetas portuguesas con materiais reciclados o 26 de decembro. Unha actividade que pretende achegar aos participantes á creación de marionetas portuguesas con
cortiza e materiais reciclados. Cada participante levarase a súa marioneta construída no taller. Unha actividade para gozar en familia (Os menores de 6 anos terán que vir acompañados cun titor/ titora  para axudarlles)

As entradas xa están á venda na web da sala www.artikavigo.com con prezos que van dende os 9€ na venda anticipada.

Da compañía Bambalúa (Castela e León)
Hora: Luns 23 de decembro ás 18:00h

SINOPSE:
O Dr. Frankenstein cumpre a súa obsesión. Fabricar con distintos órganos e membros a
FRANKRISTINA ” A muller perfecta”. Un ser ao que pracidamente poida dominar.
Pero Frankristina ten outros sorprendentes e inquietantes plans máis aló de atender as
labores domésticas e servir ao Dr. Frankenstein.
Humor, participación do público, opereta cómica… un clásico da literatura dende un
particular punto de vista e unha temática do noso tempo, a igualdade de oportunidades
para a muller.
FICHA ARTÍSTICA
Dirección: Alejandro Britos e Josu Pachego
Dramaturxia: Alejandro Britos e Josu Pachego
Interpretación: Alejandro Britos, Alfonso Matía e Cristina Salces
Produción: Cristina Salces
Deseño e construción do espazo escénico: Bambalúa teatro, Luis lanco e Vicente
Hernando
Técnico de iluminación e son: J. A. Pereda
Música: Alfonso Matía
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 8 anos
Duración: 60 min

De ÁRTIKA CIA”
Hora: Martes 24 de decembro ás 12:00h
SINOPSE:

Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. “Pum Pum, Quen Hai?”
é unha comedia teatral que nos introduce na vida de Gaia, unha nena espelida que nos
guía a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan
carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, Gaia desafía os segredos das portas
veciñas, enredando a todos nunha aventura de risas e revelacións. Cando aparecen
novos e misteriosos veciños, o pobo enfróntase aos seus medos cunha serie de
equívocos cómicos que nos lembran a importancia da aceptación e a diversidade. “Pum
Pum, Quen Hai?” é unha celebración da comunidade e a curiosidade, perfecta para toda
a familia.
FICHA ARTÍSTICA
“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación colectiva de Ártika cia.
En escena:
Rocío Salgado como Gaia,
Fernanda Barrio como a tía Maruxa
Marcos Alonso como Don Ramón.
Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.
Espazo sonoro: Jonathan Caramés e Anxo Fernández
Coreografías: Rocío Salgado.
Deseño de iluminación: Anxo Fernández
Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado
Agradecementos:
A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.
Ao concello da Rúa e á Sala Ártika
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 4 anos
Duración: 45 min
Xénero: Comedia musical
Idioma: galego

  • PREMIO OH! 2020 ao mellor espectáculo para a infancia.
  • PREMIO OH! 2020 á mellor composición orixinal / espazo sonoro
  • Premio á Mellor Animación Colectiva de Títeres na 19th International Children ́s
    Theater Festival – Banja Luka 2.020 (Bosnia).
    FICHA ARTÍSTICA
    Autoría: Patricia Toral e Chantal Franco
    Dirección: Patricia Toral e Chantal Franco
    Dirección expresión corporal: Ana Pérez de Amézaga
    Construcción e manipulación de marionetas: Patricia Toral e Chantal Franco
    Composición musical: Verónica R. Galán
    Intérpretes: Chantal Franco e Patricia Toral
    Escenografía: Chantal Franco e Patricia Toral
    Iluminación: Rubén Rayán, Patricia Toral e Chantal Franco
    Vestuario: Laïque
    Producción: Luz, micro y punto
    Distribución: Luz, micro y punto
    Recinto: Sala Ártika
    Prezo:
     Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión
     En taquilla: Entrada Xeral: 10 €
    Idades recomendada: + 6 anos
    Duración: 50 min
    Xénero: teatro de sombras
    Idioma: xestual

LAVIEBEL (ANDALUCÍA)
Sábado 28 de decembro ás 18:00h
SINOPSE:

Sara e Alba son irmás, unlla e carne, auga e aceite. Hoxe, con 30 anos, lembran como foi
aquel día no que se enfrontaron aos seus maiores medos.
Festexan o dia do seu sétimo aniversario na súa casa de montaña. Despois da festa
están moi cansas e quedan durmidas diante da tele. Cando espertan xa é de noite e os
seus pais non están na casa. A súa avoa morreu fai xa un ano e a súa cadela Genista,
aínda que é unha gran compañeira, non é capaz de tranquilizalas.
Emprenden unha viaxe para buscalos polos “buracos negros” da casa: debaixo da cama
viven os monstros, a taza do váter comunica co mar, o soto escuro en plena tormenta é
aterrador e o armario da avoa, que ninguén tocou dende que se foi…
FICHA ARTÍSTICA
Guión, dirección e música orixinal: Emilio Goyanes
Elenco: Laura García Bermúde e Clara Pérez
Vestiario: Laviebel
Escenografía e deseño gráfico: Fabián Huertes Castillo e Emilio Goyanes
Deseño de iluminación: Miguel Miñambres
Videos promocionales: Juan Carlos Mariano
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: De 6 a 9 anos
Duración: 45 min
Xénero: teatro de texto
Idioma: castelán

COMPANHIA CERTA (PORTUGAL)
Domingo 29 de decembro ás 18:00h
SINOPSE:

Uns sobre os Outros” conta a historia: De Jean e da aldea a onde se muda despois de ter
herdado do seu avó un anaco de terra cun pozo. Da molestia dos aldeáns en recibir a
Jean, pois esperaban ter acceso ao pozo. Dos celos que fan secar o pozo de Jean. Da
distancia percorrida para chegar ó auga esencial. Das inundacións que fan que a terra
sexa cada vez máis inhabitable e fai que os aldeáns teñan que vivir cada vez máis alto,
cada vez máis “uns sobre os outros”.
E de como se unen, descobren novos valores, para resolver os problemas da súa aldea.
“Uns sobre os outros” mostra como evoluciona o comportamento humano cando se
atopa diante do inevitable desastre climático. Un traballo colaborativo e de
descubrimento, que abre as portas á comunidade para que esta sexa parte do proceso.
FICHA ARTÍSTICA
Unha produción da Companhia Certa
Dramaturxia e Dirección: Lionel Ménard
Interpretación: Eduardo Faria, Joana Luna, Joana Soares
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 3 anos
Duración: 50 min
Xénero: teatro xestual
Idioma: xestual

TÍTERES SIN CABEZA (ARAGÓN)
Luns 30 de decembro ás 18:00h
SINOPSE:

“La oruga de colores” é a historia dunha pequena eiruga que, ao saír do ovo, xa tiña
unha fame inmensa e preguntábase, que comerei hoxe?
Para chegar á explosión da beleza que ofrece a natureza, a pequena eiruga deberá
comer moito e son os máis pequenos e pequenas das casas os que acompañan á
protagonista a atravesar unha mazá, dúas peras, uns pexegos, fresas… e así, ata quedar
empachada e converterse nunha eiruga inmensa que pronto formará o seu propio
capullo, previo á metamorfose. Quérese, con este conto, introducir aos nenos e nenas á
maxia da natureza e no espectáculo que é o ciclo da vida, a través da incrible historia da
metamorfose da eiruga de cores.
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 10 €
Idades recomendada: + 3 anos
Duración: 45 min
Xénero: títeres
Idioma: castelán

MIGALLAS TEATRO
Hora: Martes 31 de decembro ás 12:00h
SINOPSE:

“Garavanciña” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos con
monicreques e cancións. Unha peza visual baseada nun dos contos clásicos da literatura
infantil.
Divertida proposta teatral para toda a familia a partir do conto tradicional cunha
estrutura encadeada e acumulativa. Un conto de sempre que achega a narración oral e
os costumes do pobo a grandes e pequenos.
A pequena Garavanciña préstase para axudar na casa, a súa nai nunca o deixaba saír soa
pero ese día vai facer uns recados e comeza unha grande aventura para a pequena da
familia!
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
 Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión
 En taquilla: Entrada Xeral: 10 €
Idades recomendada: todos os públicos
Duración: 45 min
Xénero: teatro, narración oral, monicreques e canción infantil
Idioma: galego

Máis

Hora

24 decembro, 2024 12:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events