Festival Nas Ondas: Debussy, Schumann, Rachmaninov
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.
Debussy, Schumann, Rachmaninov
Andrés Montenegro, piano
Iago García Alonso, piano
Andrés Montenegro Posee o título profesional na especialidade de Frauta Traverso e ademáis é Técnico en Audiovisuais. Realizou a proba aos es tudos superiores de piano no CSM de Vigo, previa preparacion de David Vásconez. Estuda en dito centro da man da profesora Maria José Cid e tambén realizou cursos de perfeccionamento con Katia Veekmans (Holanda), Biljana Gorunovic (Serbia), Sergio Chitti (Italia), Milan Miladinovic (Serbia), Danielle Fredianelli. Participou en varias ocasiones como solista e como compoñente de un dúo a dous pianos no ciclo pianistico “De Piano” do CSM de Vigo. Iago García Alonso Estudou o Grao profesional no C.A.P. Mayeusis de Vigo. No CSM de Vigo estuda con Mª José Cid. Asistiu a numerosas masterclass con profesores como Katia Veekmans, Daniel Pereira, Pedro Burmester, Maurizio Moretti Pablo Gómez Ábalos entre outros.No curso 2018/19 logra unha beca Erasmus para estudar piano no Conservatorio di Parma (Italia) con Roberto Guglielmo, donde obtén destacadas cualificacións. Como solista interpretou concertos no IKFEM de Tui, Festival Nas Ondas do CSM de Vigo, no Conservatorio di Parma e no Conservatorio Superior de Musica de A Coruña.
Máis
Hora
20 outubro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes