
Festival Nas ondas: Concerto da música dos Balcáns
Detalles do eventos
A próxima semana, solistas da Orquestra Sinfónica de Montenegro, da Universidade de Tucson (EE.UU.), da Academia de Música de Cetinje (Montenegro) e da Facultade de
Detalles do eventos
A próxima semana, solistas da Orquestra Sinfónica de Montenegro, da Universidade de Tucson (EE.UU.), da Academia de Música de Cetinje (Montenegro) e da Facultade de Música de Tirana (Albania) encherán de música o Auditorio Martín Códax.
Programación:
- O martes 18 ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax, Arben Llozi (viola), Silvana Skenderi (piano) e Josif Gjipali (tenor) protagonizarán un concerto no que poderedes escoitar algunhas das páxinas máis representativas da música dos Balcáns. Aínda que o repertorio estará centrado en compositores albaneses, tamén teremos a oportunidade de escoitar pasaxes de autores como Sorozábal ou Puccini. Os docentes da Facultade de Música de Tirana (Albania) presentan un repertorio ecléctico que fará as delicias de calquera amante da música clásica.
- O mércores 19 ás 20:00 horas, terá lugar un dos concertos máis especiais deste ano. O protagonista será o clarinetista montenegrino Damjan Begovic, que estará acompañado polo pianista Severino M. Ortiz Rey. Begovic é membro da prestixiosa Orquestra Sinfónica de Montenegro, combinando a súa actividade orquestral cunha intensa axenda como solista. Interpretarán un programa cosmopolita con obras de diferentes escolas e estilos, incluíndo pezas de Francis Poulenc, Joseph Horowitz, Leonard Bernstein e Michele Mangani.
- O xoves ás 19:00 horas terá lugar un concerto no que actuarán Morris Palter (percusión) e Edward Reid (trompeta) da Fred Fox School of Music (Universidade de Tucson, Arizona), xunto con Tatjana Krkeljic (frauta), Petar Garic (clarinete), Natasha Popovic (piano) e Danijel Cerovic (guitarra) da Facultade de Música de Montenegro. Un concerto no que poderemos escoitar desde ragtime ata música da longa tradición dos compositores balcánicos.
Máis
Hora
18 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Other Events
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual