Festival de Cine Inclusivo de Vigo (VIIFF)
Detalles do eventos
Volve o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que celebra a súa VI edición do 12 ao 16 de outubro. Arrancará a súa programación o vindeiro 12 de
Detalles do eventos
Volve o Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que celebra a súa VI edición do 12 ao 16 de outubro. Arrancará a súa programación o vindeiro 12 de outubro cunha retrospectiva de Xavier Bermúdez, ao que o festival quere homenaxear por ser o primeiro director español en rodar un filme cun actor protagonista con síndrome de down. Durante o primeiro día de festival proxectaranse os filmes ‘León y Olvido’ (2004) e ‘Olvido y León’ (2020) e Bermúdez recollerá este premio honorífico das mans de Marta Larralde, actriz protagonista en ambos filmes.
Este ano tamén conta con tres seccións de curtas novas: a infantil, a de igualdade e a de discapacidade. Todos os pases son de balde ata completar aforo. As tres sedes serán o Auditorio Municipal, o Cine Salesianos e o Museo Marco.
Máis
Hora
12 outubro, 2021 17:00 - 16 outubro, 2021 20:00(GMT+01:00)