Festival de Cans
12maiTodo o díaFestival de CansFESTIVAIS E FEIRAS | Varios(Todo o día)(GMT+02:00) Cans
Detalles do eventos
O Festival de Cans celebra a súa XX edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio.
Detalles do eventos
O Festival de Cans celebra a súa XX edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio. Tamén haberá unha previa os días 12, 13 e 15 con diversas actividades.
As entradas para o festival están dispoñibles na web do festival. As actividades da previa son gratuítas.
O director do festival, Alfonso Pato, anunciou un vixésimo aniversario “cargado de emoción, con sorpresas, e que será un reencontro de vellos amigos”. Entre eles destaca a presenza da actriz Nathalie Poza, protagonista do filme Honeymoon, que abrirá o festival, do Premio de Honor Luis Zahera e outros como Javier Gutiérrez, María Vázquez, Diego Anido, Nerea Barros ou Tamar Novas.
No coloquio da Leira, o día Grande do festival, está previsto un emotivo encontro que reunirá a moitas e moitos dos recoñecidos co Premio Pedigree ao longo destes 20 anos, entre eles Antonio Durán “Morris”, que foi xurado na primeira edición do certame. Nesta idea de reencontro tamén presentarán algúns filmes directores agora recoñecidos que comezaron como curtametraxistas en Cans como Enrique Otero, Álvaro Gago ou Alberto Vázquez.
O certame tamén segue apostando polas conexións internacionais, coa retrospectiva da directora franco-armenia Valérie Massadian, premiada en prestixiosos festivais como Locarno, que viaxará a Cans para presentar parte da súa obra inédita en España.
A XX edición de Cans virá cargada de coloquios, de estreas de longametraxes e curtametraxes, da recuperación da parte educativa dos colexios e da volta do público ós chimpíns. Tamén haberá moita música, en moitos casos vinculada a obras que se proxectan no festival. Haberá ata 25 actuacións musicais de diferentes estilos, entre as que destacan Los Punsetes o venres, 19 de maio e The Limboos ou Mr.Kilombo no Espazo Estrella Galicia na Leira do Río, no día grande do sábado, 20 de maio.
O Torreiro, espazo emblemático de Cans, será a gran zona de reunión nos coloquios e de concertos como o de Fillas de Cassandra, un dos grupos do momento en Galicia, que actuarán venres 19 ás 20,00 horas, e presentarán antes unha retrospectiva dos seus videoclips, ou a gran celebración de XX aniversario co agardadísimo regreso a Cans de Tony Lomba e Elio dos Santos.
Na XX edición do festival proxectaranse cerca dun centenar de obras audiovisuais, das cales haberá máis de 30 estreas. Ademáis da preestrea das longametraxes Honeymoon, de Enrique Otero, que se proxectará na apertura do festival no Círculo Recreativo, e de Sica de Carla Subirana, filme que pasou polo Festival de Berlín e que se poderá ver no Baixo de Bugarín en Cans o venres, 19 de maio. Unha das grandes novidades de Cans será a gran celebración da lingua no Día das Letras, coa proxección de Matria e o coloquio coa protagonista María Vázquez, así como a estrea de Florencio, o cego dos Vilares, de Pancho Álvarez, con sesión vermú incluída no Torreiro.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
Máis
Hora
12 maio, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Cans
Cans 36418 Pontevedra
Séguenos nas redes