novembro, 2020

Este é un evento repetitivo

05nov20:30Festival Catropezas: IN ANIMA VILESPECTÁCULOS | 10,00€20:30 Teatro Ensalle

Detalles do eventos

O mes de Novembro é o elixido por Teatro Ensalle para organizar este festival de danza contemporánea tan orixinal como esperado polo público da sala. Xorde en 2006 como un desexo de aglomerar en catro fins de semana, algunhas das producións de danza (tanto nacionais como internacionais) máis destacadas do último curso, por iso é polo que as compañías que aparecen no historial do Catropezas acumulen tantos anos de experiencia.

IN ANIMA VIL é a extensión, do último traballo escénico ”Son unha mosca que mira a través do buraco dunha chave un lugar en chamas“

Unha viaxe que recae sobre o corpo, o debuxo, a palabra, ecos que se enlazan por rebeldía para ser escoitados… Nos debuxos flotan ducias de personaxes desesperadamente articulados: animais, seres, falos, flores… animadas pola mesma enerxía intensa dos debuxos está a danza e a palabra, funcionan como antenas que sondan máis aló do encarceramento do significado, cara á fuxida, a urxencia e a necesidade doutros horizontes unha experiencia que pretende ser máis unha escoita reveladora de universos que un discurso.

Compartir

Máis

X