Festa da Reconquista: Destitución da corporación
Detalles do eventos
Por mor da celebración da Semana Santa (o día 28 de marzo cae en Xoves Santo), este ano a Reconquista divídese en dúas fins de semana separadas por outra
Detalles do eventos
Por mor da celebración da Semana Santa (o día 28 de marzo cae en Xoves Santo), este ano a Reconquista divídese en dúas fins de semana separadas por outra de barbeito. Polo tanto, a festa comezará o sábado 23 de marzo coa representación da destitución da corporación municipal e continuará ao día seguinte coa saída do exército napoleónico polo Casco Vello. Este mesmo domingo 24 pola mañá, haberá na praza do Berbés unha demostración de oficios tradicionais ás 11:00 e un obradoiro de baile tradicional ás 11:30. Tras un xantar popular, ás 17:00 é o turno da foliada, na que nos podemos inscribir para participar escribindo a info@cascovellovigo.gal. Esta gran romaría urbana proseguirá en abril, os días 5, 6 e 7. O venres 5 abrirá o popular mercado e o domingo 7 será o día grande, coa tradicional representación na que os vigueses botan aos franceses da vila.
Programa da Reconquista:
Sábado 23:
-13:00 h na Colexiata – Concerto da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv 2211
-20:00 h na praza do Berbés – Destitución da corporación viguesa
Domingo 24:
-11:00 h na praza do Berbés – Demostración de oficios tradicionais
-11:30 h na praza do Berbés – Obradoiro de baile tradicional
-17:00 h na praza do Berbés – Foliada
Mércores 3:
-Pola mañá na praza de Compostela e o Casco Vello – A Reconquistiña
Venres 5:
-Apertura do Mercado da Reconquista e actuacións musicais en diferentes puntos do Casco Vello
Sábado 6:
-Mercado da Reconquista e actuacións musicais en diferentes puntos do Casco Vello
Domingo 7:
-Mercado da Reconquista e actuacións musicais en diferentes puntos do Casco Vello
-18:00 h Porta do Sol e diferentes puntos do Casco Vello – Representación da Reconquista da vila de Vigo
Máis
Hora
23 marzo, 2024 20:00(GMT+02:00)
Localización
Praza do Berbés
Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualsetembro
Séguenos nas redes