Festa da Arribada
Detalles do eventos
A Festa da Arribada 2023 arranca este venres 3 ben cedo. Ás 10 da mañá xa abren os obradoiros de artesáns, canteiros e ferreiros situados na praza do Concello e na Alameda, e
Detalles do eventos
A Festa da Arribada 2023 arranca este venres 3 ben cedo. Ás 10 da mañá xa abren os obradoiros de artesáns, canteiros e ferreiros situados na praza do Concello e na Alameda, e ás 11:00 fan o propio o parque de aventuras e atraccións medievais, o campamento de adestramento de cabaleiros, a zona Ludpuzzle ou o campamento milititar medieval. Algunhas das mostras que poderemos ver esta fin de semana en Baiona son sobre máquinas de asedio, tortura e pena capital ou doutros temas menos escabrosos como o mar ou as teas. O Boi Xulián, a mascota oficial da Arribada, tamén protagoniza contacontos e espectáculos infantís. Monicreques, espectáculos con pirotecnia e batucadas amenizan a xornada ata o peche do mercado as 00:00 da noite.
O sábado 4 repítense estas e outras moitas actividades ao longo da xornada, sobresaíndo con especial interese por parte do público o combate de esgrima medieval ás 12:15 ou tiro con arco ás 13:15 na praia de Ribeira. Ás 17:00 este mesmo areal acolle o Gran Torneo Medieval con xusta, tiro de venablos e derruba de estafermo. Pero, sen dúbida, o acto central do día prodúcese, no mesmo lugar, ás 20:00 coa representación teatral Arribada do descubrimento, obra de Avelino Sierra. O domingo 5 volve ofertar a enorme variedade de divertimentos dos días anteriores, co Gran Torneo Medieval ás 16:30 e a representación teatral ás 18:30.
Tamén en liña
Todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man a Festa de Interese Turístico Internacional poderán conectarse de forma gratuíta en directo o vindeiro sábado 4 de marzo ás 19:30 desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a internet e gozar da emisión de parte da representación teatral, dos pasacalles e das diversas actividades que ofrece a nutrida programación da Arribada. O outro pase en directo será o domingo 5 de marzo coa visita en vivo á gran protagonista da celebración, a Carabela Pinta, para despois facer un percorrido polo mercado medieval: postos de artesanía e , sobre todo, gastronomía, para vender os nosos produtos locais máis aló das nosas fronteiras. Os circuítos virtuais teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Durante o circuíto pódese interactuar en directo cos viaxeiros por un chat a tempo real. Eles escriben preguntas e o guía a pé de rúa pódeas ver na pantalla do móbil e contestar en directo, falando e interactuando co público.
Transporte
A Baiona podemos chegar por terra e mar grazas as diferentes opcións de transporte ofertadas. Recoméndase encarecidamente o uso de transporte colectivo, pois Baiona non dispón de tantas prazas de aparcamento para satisfacer a enorme demanda que haberá eses días. Piratas de Nabia e Mar de Ons mobilizan a súa frota para levarnos desde Vigo, Cangas, Moaña e Panxón os días 4 e 5. A compañía Lugove permite chegar a Baiona desde diferentes puntos do Val Miñor e, por último, existen lanzadeiras cada media hora desde Porto do Molle (Nigrán), un lugar idóneo para aparcar o coche e coller o transporte público. Consulta aquí as diferentes opcións de transporte.
Aconsellamos premer aquí para consultar a extensa programación da Arribada 2023, a primeira sen restriccións desde o 2020.
Máis
Hora
3 marzo, 2023 10:00 - 5 marzo, 2023 22:00(GMT+01:00)
Localización
Baiona
Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes