VIALIA
ARRIBADA

Festa 30 aniversario Os Carunchos

08feb21:00Festa 30 aniversario Os CarunchosCONCERTOS | De balde21:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Os Carunchos van subir ao escenario da Rebullón para agasallarnos cun espectáculo moi especial: o concerto co que clausuran a xira do 30º aniversario do grupo. A cita promete ser inesquecible, unha foliada rachada chea de sorpresas e colaboracións especiais.

O grupo leva trinta anos convertendo a música nunha auténtica festa. Naceron coa idea de misturar temas cantados con repertorio de gaiteiros salistas, conseguindo unha formación nova e orixinal que os levou a participar nos festivais folk máis importantes de Galicia.

Os Carunchos misturan e recuperan coplas do imaxinario popular e poñen música ás obras de poetas históricos e contemporáneos. A súa música inclúe gaita solista, percusión variada, polifonía vocal e o acompañamento da zanfona, todos os ingredientes para facer das súas actuacións auténticas festas cheas de enerxía e diversión.

Máis

Hora

8 febreiro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events